2013/04/25

O Diario vermello de Flanagan

O diario vermello de Flanagan, editorial Galaxia. Autores: Andreu Martin e Jaume Ribera. 

O protagonista deste libro cóntanos día a día a súa vida sexual, acompañado da súa noiva, e os descubrimentos sobre este tema. O protagonista, Flanagan, é un rapaz de 17 años, alto, ollos marróns escuros e delgado. Gústalle saber o porqué das cousas e incidir nelas; é un rapaz moi curioso. El é o propio narrador da historia en primeira persoa. Cóntanos as súas experiencias sexuais cotiás e tamén un chisco do que descubriu coa axuda do doutor Bardet. O libro está ambientado na actualidade e desenvólvese nos lugares onde está o protagonista, normalmente na rúa e na súa casa. 
 Opinión persoal 
Incrible é a palabra coa que podo describir este libro. Deixoume impresionado e só quería seguir a ler o libro. Recoméndoo á xente nova e penso que sería unha boa obra de lectura obrigatoria nos colexios, xa que o tema do sexo na actualidade vese como tabú, pero eu non estou dacordo xa que é un tema que se debería coñecer. Aquí dase resposta a todo tipo de preguntas sobre o sexo e o amor, ademais cun toque humorístico e científico. Convídovos a que o leades. Pasaredes uns momentos estupendos. 
Alejandro Ennes

No hay comentarios:

Publicar un comentario