2013/02/24

Recuncho de Poesía II

Esta actividade xurdiu traballando cos rapaces de 4ºESO a POESÍA, previa as lecturas e a analise do xénero lírico, coa intencionalidade dunha continuidade.



2013/02/23

Día de Rosalía de Castro 2013

TODAS CON ROSALÍA "Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva". Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose espontaneamente a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. Vía AELG

2013/02/13

Recuncho de poesía

Traballando a poesía cos alumnos de 4º deixámosvos algúns poemiñas e algúns caligramas que traballamos na aula, cadrando co estudo deste xénero literario. Asimesmo aproveitamos para poetizar unha fotografía de "Espazos baleiros", feita por unha alumna de 4º e dirixida pola profesora Natalia Veiga.Todo isto está interrelacionado co curso que estamos a facer co CGAI, "Cinema en curse".


 




2013/02/11

ENTROIDO 2013 IES MOSTEIRÓN

 Festa rachada no noso instituto: comparsas, concertos, teatro, copliñas e un longo etcétera, fixeron que profes e alumnos o pasaran en grande.