2013/01/08
Dublinesca
Lin este Nadal, Dublinesca, do autor Enrique Vila-Matas.Novela excelente coa que disfrutei da literatura con maiúscula. O protagonista é Riba, un editor literario retirado que decide rematar coa era Gutemberg e para iso decide irremisiblemente facer unha viaxe iniciática a Dublín para se pór en contacto co mundo de Joyce. Mais Vila-Matas amosa unha erudición que apabulla, uns xogos cos soños incribles e unha escrita literaria fabulosa.
Permitídime reproducir unhas palabras do propio autor que considero significativas: "Cuando hablo de literatura estoy hablando de todo lo demás, de la vida y de la muerte [...] y en este sentido Dublinesca es un libro sobre la vida y la muerte, sobre el amor y la felicidad y la desgracia. Toda la novela está recorrida por el misterio"
Hai que lela. Coido que este autor xa está entre os grandes da literatura ,e por suposto, cos que a amamos.Escoitádeo na súa propia voz.
Vía Youtube.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario