2011/03/07

Paranoid Park. O retrato

1. Elixe unha das seguintes imaxes de Paranoid Park.
2. Asígnalle un título.
3. Responde as seguintes cuestións sobre a imaxe:
a) Que se observa?
b) Cal é o centro de interese da imaxe (aquel elemento ao que diriximos inevitablemente a nosa atención)?
c) Que cres que o protagonista sente nese momento?

Imaxe 1

Imaxe 2

Imaxe 3

Imaxe 4

Imaxe 5

Imaxe 6

Imaxe 7

Imaxe 8

Imaxe 9

Imaxe 10

Imaxe 11

Imaxe 12

Imaxe 13

Imaxe 14

Imaxe 15

Imaxe 16

Imaxe 17

Imaxe 18

Imaxe 19

Imaxe 20

15 comentarios:

  1. 1. Imaxe 4.
    2. Ausente do mundo.
    3. a) Texto da resposta. b) Texto da resposta. c) Texto da resposta.

    Nome Apelido Apelido (1º Bacharelato IES O Mosteirón)

    ResponderEliminar
  2. 1. Imaxe 8.
    2. Buscando a saída.
    3. a) Obsérvase ao protagonista da historia ao anoitecer sobre un fondo de luces na cidade. Se pode ver tamén a angustia e o intento de escapatoria que reflicte o rostro da personaxe, que abarca o primeiro plano.
    As luces que se observan de fondo aparecen borrosas, o que da a sensación dun fondo moi aberto.
    Na personaxe, a luz que o ilumina ven dada de fronte, polo que na súa cara e roupas se perciben tons amarelos, laranxas e vermellos, propios das lámpadas que se utilizan para iluminar ás cidades de noite.

    b) Nada máis observar a imaxe, os nosos sentidos se fixan principalmente no rostro da personaxe.
    O fondo da fotografía está borrosa e polo tanto, o busto do mozo é o máis nítido da imaxe, facendo que o punto principal e de interese sexa o que mellor reflicte o sentido do que pasa: a cara.
    Esta parte do corpo, fundamental para a transmisión de emocións, convértese na icona que relata e lle da sentido a historia.

    c) Neste momento, o protagonista sente un sentimento frustado de escapatoria. Intenta buscar unha saída aos seus problemas e comprender que é o que pasa ao seu redor.

    Clara Garbay (1º Bacharelato IES O Mosteirón)

    ResponderEliminar
  3. PARANOID PARK (IMAXE Nº 11)

    ·POSIBLE TÍTULO:Alex a espera.

    ·Que se observa?
    Na imaxe nº11 observamos a Alex percibindo o entorno co rodea. A imaxe é clara e nítida, tanto das persoas como do entorno urbán.

    ·Cal é o centro de interese da imaxe?
    É Alex inamovilble como observador do entorno en movemento.

    ·Que cres que o protagonista sente nese momento?
    Sente o que sinten todolos rapazes nunha primeira toma de contacto co "mundillo" do SKATE. Non é inadaptación nin vergoña , só o desexo de formar parte del.

    SEGUNDO EXERCICIO (FOTO DE ALEX ESCRIBINDO).
    ·Por que cres que escribe?
    Escribe por liberar unha grande carga emocional que lle impide vivir con normalidade.

    ·Que cres que le proporciona a escrita?
    Faino sentir eximido do incidente no que se viu involucrado.Alivia a súa aflicción/pena e comverte a escrita no seu confidente.

    ·Como interpretas a queima dos seus escritos?
    Como un enterro definitivo do momento que plasmou no escrito e os sentimentos vividos.

    ·Cal é a túa relación ca escrita?
    Eu considerome un principiante neste labor . É de moita responsabilidade ser capaz de plasmar ambientes ,persoas,sentimentos,desexos...e que un lector sintase atraido ou enganchado pola labor dun autor.Sinto envexa e gustariame ter ese don.

    ·Reflexiona sobre a seguinte idea:A ESCRITA AXUDANOS A MEDRAR COMO PERSOAS.
    Evidentemente a adquisición de coñecementos que nos facilita a lingua escrita favorece a nosa educación e axudanos moitas veces a encamiñar a nosa personalidade. É coma un adestramento que moitas veces dirixe o noso desenrrolo como persoas.

    FRANCISCO BABÍO GARCÍA 1ºBACH

    ResponderEliminar
  4. CARLOS LONJA SÁNCHEZ 1º BACHARELATO IES O MOSTEIRÓN.

    Paranoid Park
    1. Elixe unha das seguites imaxes de Paranoid Park.
    2. Asígnalle un título.
    3. Responde as seguintes cuestións sobre a imaxe:
    a) Que se observa?
    b) Cal é o centro de interese da imaxe (aquel elemento ao que diriximos inevitablemente a nosa atención)?
    c) Que cres que o protagonista sente nese momento?

    1. Imaxe 9
    2. Que nos depara a vida?
    3. a) Nesta imaxe, na que aparecen Alex e Macy nunha intensa conversa, observamos que ámbolos dous están ben atentos un ao outro. Vemos a súa penetrante mirada del e a ela móstrana como un rostro sen vida que non transmite nada ás persoas que lle intenten quitar algo á fotografía.

    b) Se nos fixamos ben, vemos que as liñas de fuga saen da cara de Alex e escapan deica a figura da súa amiga. Iso reflicte que o máis importante desa imaxe é a fixa e intensa mirada del, que a cada persoa lles pode transmitir un mar de cousas.

    c) Alex, unha persoa reservada e cohibida, non expresa o que en realidade sinte, por iso é moi difícil a súa interpretación, pero observando e analizando a súa mirada, podemos ver varios sentimentos reflexados: tristura, remorso arrepentimento e sufrimento. Todo isto debido ó acontecido no tren e polo estilo libre e triste de vida que leva, xa que non ten relación con case ninguén. Ten un círculo determinado e pequeno de amigos e familiares. Nunca sorríe e iso psicoloxicamente di moitas cousas, o que habería que analizar pormenorizadamente.

    ResponderEliminar
  5. 1.Imaxe 12

    2.A ultima peza do puzzle

    3.
    a)Nesta imaxe podemos observar o interrogatorio a Alex,xunto aos skaters do instituto.Estes son os sospeitosos do brutal asasinato ó garda de seguridades, vixiante das vías do tren cercanas a Paranoid Park.

    b)Claramente o centro de atención desta escena da película é a fotografía do rostro do home morto, vítima dun accidente. Alex recorda e encaixa todo o acontecido anteriormente , de ahí o título, no que comparo a fotografía cunha peza dun puzzle.Permitelle voltar á ansia e alegría de visitar o skatepark e chegar cronolóxicamente ó tráxico suceso.

    c)Baixo o meu punto de vista, o protagonista se sente rodeado e aprisionado polos seus sentimientos.Estes son todo tipo de pensamentos negativos, medo, temor, rabia, nerviosismo... os cales agochanse detras desa fría e calculadora mirada.

    Serafin Ennes Moscoso (1º de Bach)

    ResponderEliminar
  6. 1. Elixe unha das seguites imaxes de Paranoid Park.

    Imaxe 15.

    2. Asígnalle un título.

    “O poder da mente”

    3. Responde as seguintes cuestións sobre a imaxe:

    a) Que se observa?

    Na imaxe número 15 pódese observar a un adolescente afectado, pensativo, culpable...por algo que lle aconteceu.

    A fotografía está tomada dende un primer plano, onde se pode observar con bastante detalle, é dicir, como lle caen as gotas por enriba del con delicadeza e sen que apenas o note, o iso é a sensación que dá, debido a que é como si estibera ausente e todo ó redor non existira nin se queira a auga que lle está a caer.

    b) Cal é o centro de interese da imaxe (aquel elemento ao que diriximos inevitablemente a nosa atención)?

    O primeiro que se fixa o espectador ao ver a imaxe é como lle cae a auga, a oscuridade de escena que dá unha sensación de soidade e de drama.

    c) Que cres que o protagonista sente nese momento?

    Nese momento o protagonista sente angustia, medo a contalo, pero á vez necesita contarllo a alguén, e tamén sente un forte temor a que se decate alguén e o xulguen por iso.

    Miriam Gudiña Esmoris(1º Bacharelato IES O Mosteirón).

    ResponderEliminar
  7. 1. Por que cres que Álex escribe?

    Creo que Álex escribe para desafogarse de todo o ocurrido, é dicir, como ten medo a contalo por escribe o que lle ocurriu e así desafogarse para sentirse mellor, ou iso é a impresión que me dá a min.

    2. Que cres que lle proporciona a escrita?

    Relaxación, tranquilidade…é dicir, esas son as posibles sensacións que sinte o protagonista, xa que cando escribe desafógase de todo o ocurrido aquela odiosa noite.

    3. Como interpretas a queima dos seus escritos?

    A queima dos seus escritos é como que dalgunha maneira escapa de todo o ocurrido aquela noite e así conseguir olvidalo todo.

    4. Cal é a túa relación coa escrita?

    A miña relación coa escrita é boa, xa que gustame moito escribir, pero non calquera cousa, é dicir, os escritos que máis me gustan facer son os de amor, xa que os podo facer de dúas maneiras, a primera, mediante a miña imaxinación, e a segunda, escribir a partir os meus sentimentos que é o que más habitualmente fago, xa que me é moito máis facil.

    5. Reflexiona sobre a seguinte idea: "A escrita axúdanos a medrar como persoas".


    Empezando dende unha simple anotación para ir ao hipermercado, pasando por un exame ou ata a mái íntima notación nun diario, para que se faga realidade todo pasa pola escritura.

    Co dito anteriormente quería expresar que na actualidade todo está relacionado coa escritura, xa que é o noso medio para comunicarnos e sen a escritura no existiria a cultura.

    As persoas según imos crecendo tamén evolucionamos na escrita e na compresion de textos, xa que non só medramos exteriormente senón que tamén internamente e psiquicamente, estas cousas son as que a hora da verdade non fan evolucionar como persoas e en todo isto ten un forte papel a escrita.

    En conclusión, a apararición da escritura dende épocas ancestrais ata a actualidade segue tendo un papel indispensable na vida cotiá e que nos vai enriquecendo como persoas cada vez máis.

    Miriam Gudiña Esmoris(1º Bacharelato IES O Mosteirón)

    ResponderEliminar
  8. 1. Elixe unha das seguintes imaxes de Paranoid Park.

    Imaxe: 14.

    2. Asígnalle un título.

    De costas a verdade.

    3. Responde as seguintes cuestións sobre a imaxe:
    a) Que se observa?

    Un Álex pensativo, solo, encerrado no su mundo.

    b) Cal é o centro de interese da imaxe (aquel elemento ao que diriximos inevitablemente a nosa atención)?

    Un Álex coa cabeza baixa , e dándolle as costas a os seus problemas.

    c) Que cres que o protagonista sente nese momento?

    Angústia , tristeza e soidade.

    SEGUNDO EXERCICIO (FOTO DE ALEX ESCRIBINDO).

    1. Por que cres que Álex escribe?

    Álex escribe porque é unha forma de desfogarse aínda que sexa consigo mesmo, síntese solo, non é capaz de confiar en ninguén, solo no seu papel e no seu lapis.

    2. Que cres que lle proporciona a escrita?

    O que lle proporciona a escrita a Álex é unha forma de escape aos seus problemas.

    3. Como interpretas a queima dos seus escritos?

    É un ataque de ira,para fuxir e esconder todo o que sinte.

    4. Cal é a túa relación coa escrita?

    Eu non son moi bo escribindo, sen embargo si plasmara o que penso, e o que sinto,tal vez podería ler e reflexionar sobre os meus sentimentos e angustias.


    5. Reflexiona sobre a seguinte idea: "A escrita axúdanos a medrar como persoas".

    Penso que é unha verdade,porque podes pensar en frío nos teus sentimentos ,tal vez a xente que é moi metódica e ordenada,medita escribíndoas.Aínda que nesta película a escrita é unha válvula de escape.



    Daniel Montes Longueira(1ª Bacharelato IES O Mosteirón)

    ResponderEliminar
  9. 1. IMAXE 13
    2. IMPOTENCIA
    3. A) Observase como o guardia e Alex non saben que facer e as súas caras son de impotencia. O plano e dende arriba penso que é como para que sea máis dramático e que a cámara sea impersoal e dindependiente da acción, a luz centrase no guardiae Alex é unha imaxe nitida, no encadre esta Alex, o garda e parte da vía do tren, penso que é para darlle importancia a profundidade do campo, os dous persoaxes e a vía.
    B)O corpo do garda cortado pola metade, e a vía do tren polo medio entre o abdomen e a cintura e desviamos a mirada a Alex para ver o que vai a facer pero non fai nada porque non pode e volvemos a mirar ao garda.
    C) Nese momento o protagonista sente impotencia porque non pode facer nada.



    A ESCRITA

    1.Alex escribe para desfogarse da desgraza que lle aconteceu, como non pode contarllo a ninguén, pois contallo a unha persoa imaxinaria no papel para quitarse o peso de enriba.

    2.A escrita proporcionalle unha forma de escape dos seus problemas.

    3.Unha vez que escribiu os seus problemas queimaos porque xa se liberou das preocupacións en certa medida e non quere que ninguén lea o escrito.

    4.A miña relación coa escrita e de comunicación, de aprencizaxe de organización e tamén de entretemento para leer libros.

    5.A escrita axudanos a medrar coma persoas porque gracias a ela podemos comunicarnos e coñecer xente nova de diferentes lugares, así podemos ser máis criticos porque contamos con distintas perspectivas da vida, tamen nos axuda a ampliar coñecementos.A lingua fundamenta e enriquece a sociedade en moitos niveles: lingüistico, literario, comunicativo, cultural, sen a escrita todos os legados non sería posible transmitilos de xeración en xeración.

    Javier Núñez Vázquez(1º de bacharelato)

    ResponderEliminar
  10. 1- Imaxe 11.
    2- ‘‘ Enfrontarse a realidade’’
    3- a) Obsérvase a Álex moi serio, mirando cara o lonxe con moita atención.
    b) Inevitablemente a vista vai dirixida cara o protagonista, xa que está en primeiro plano, para que sintámos o que el mesmo está a sentir.
    c) Transmíteme que lle gustaría ser como esas persoas que están en Paranoid Park, aínda que sabe o perigoso que é.
    Álex cando patina é libre da sua propia mente, por iso sente que esa xente, aínda que non leven unha boa vida, son libres.

    Elena Pin Rodríguez. 1º Bach.

    ResponderEliminar
  11. 1.Elixe unha das seguites imaxes de Paranoid Park.

    Imaxe 4

    2.Asígnalle un título.

    Importante reflexión

    3. Responde as seguintes cuestións sobre a imaxe:
    a) Que se observa?

    Nesta imaxe, podemos observar o corredor do instituto, o rapaz camiña cara o despacho do director onde se levará a cabo o interrogatorio do inspector

    b) Cal é o centro de interese da imaxe (aquel elemento ao que diriximos inevitablemente a nosa atención)?

    Neste plano completo do rapaz o que mais chama a atención é a súa expresión na cara, ten a mirada perdida sen saber que facer camiña cun rumbo concreto . A claridade do fondo do corredor conxuntado co plano completo do rapaz dá unha sensación de intriga.

    c) Que cres que o protagonista sente nese momento?

    Alex síntese nun momento de reflexión, intrigado porque non sabe que lle espera no interrogatorio do investigador, ten medo e non sabe como vai reaccionar . A súa expresión na cara é de asustado e angustiado.

    Patricia Varela Nogueira 1º Bach .

    ResponderEliminar
  12. Alejandro de arriba Pérez
    Imaxe 19: O amor entre Jenny e Alex
    Esta imaxe é un plano medio no que se aprecia a Alex, de costas e na parte dereita da imaxe, e Jenny, de fronte no centro da imaxe e cos brazos cruzados en actitude desafiante (acaba de recibir a negativa de Alex de mercar preservativos xuntos), nas taquillas do seu instituto.
    Nesta imaxe Jenny pregunta a Alex cando van mercar os preservativos, algo ao qe moitos responderían ``xa´´, ou ``o rematar as clases´´, pero él non pode parar de pensar na norte do garda e respondelle que vaia ela e como a contestación non a agrada e lle sinta mal, faille pensar que expresouse mal e que non o entenderá correctamente.
    O que máis chama a atención é a luminosidade, e Jenny, que esta de cara a nos e coa gorra de Alex. Incluso cando fala Alex a cámara segue a enfocar a esta.

    ResponderEliminar
  13. Imaxe 2: Inquisidoras miradas.
    A/
    Unha mirada firme e atenta envolve o espectador. Uns beizos ríxidos expresando palabras que non se pronuncian. O arredor non se alude. As cores tenues, a focalización do rostro e a difuminación da contorna achégannos ó interior do rapaz. As nosas mentes ábrense e sinxelamente rexeneramos unha imaxe en movemento.

    B/
    Centrámonos nas líneas horizontais, nos ollos e na boca. O predominio da verticalidada recrea estabilidade e uniformidade. Os xestos adquiren valor.
    C/
    Temor, dúbida, intento de evasión e probablemente arrepentimento sexan as palabras máis adecuadas para definir o que Alex sente.

    Tamara Paredes Gestal. 1º Bach.

    ResponderEliminar
  14. A.-
    Na imaxe pódese ver a Alex (o protagonista do filme) e a súa moza. Trátase dun plano medio no que podemos observar as costas de Alex na parte dereita da fotografía e a Jessica de fronte cos brazos cruzados no centro da imaxe.

    B.-
    Nesta fotografía, o que máis chama a nosa atención é a luminosidade e a cara de rapaza que parece ter un xesto desafiante.

    C.-
    Neste momento, Alex séntese presionado e agobiado pola súa moza, xq que ele estalle a insistir para ir comprar preservativos. O rapaz trata de ignorala e de seguir co que está a facer.

    Xoan Varela Cano 1º Bach

    ResponderEliminar
  15. Anónimo dijo...

    1. Imaxe 15:

    2. Prantos Mollados

    3.
    a) Lágrimas, lágrimas mesturandose coa auga que cae por enriba del. Augas distintas, unhas expresan dor, desesperación, ganas de desaparecer e deixar atrás tanto medo escondido, e outras tan diferentes...
    As mans tapan o seu rostro, cara de vergonza, rostro de terror...
    Os prantos retumban no cuarto de baño, prantos mollados que intentan esconderse da realidade, agachándose entre a auga pura e limpia que cae lentamente sobre o seu corpo.
    A cámara acosao, cúlpao, mentres os seus pulmón enchense de vapor de auga devilitando así a súa respiración.
    Os seus músculos ténsanse, paralízanse convertíndo a Alex nun moneco cun corazón arrugado e exprimido polo que únicamente pasan pedriñas que van arañando, pouco a pouco, a única máquina que lle deixa seguir en vida.

    b) Destacan as mans, esas que se retuercen de dor, ocultando o rostro do delito. Conseguindo así tapar esa mirada que expresa todo o sucedido, coa expresión do seu rostro non fai falla palabras que describan o sucedido. Ese accidente que pesa tanto que conseguiu arrancar a súa alma e a súa vida, corvertíndoo nun morto vivinte que soamente vive para recordar o seu erro.
    c) Alex ten medo, sente terror polo que poida suceder e polo que pasou esa noite nos carrís do tren. Ese erro que perseguirao toda a súa vida e quitaralle a respiración pola noite, facéndoo pagar así polo seu delito.
    Está desesperado polo que pasará no futuro. E ten claro que como está agora, chorando desconsoladamente, vaino estar toda a súa vida.

    Cristina Rocha Álvarez (Colexio ''O Mosteiron'')
    1º Bacharelato

    ResponderEliminar