2011/03/10

Paranoid Park. A escrita



Álex experimenta unha relación coa escrita que evoluciona ao longo do filme.

1. Por que cres que Álex escribe?
2. Que cres que lle proporciona a escrita?
3. Como interpretas a queima dos seus escritos?
4. Cal é a túa relación coa escrita?
5. Reflexiona sobre a seguinte idea: "A escrita axúdanos a medrar como persoas".

11 comentarios:

  1. 1. Álex escribe nun intento de desfacerse dos sucesos que lle atormentan a mente.
    Como o protagonista non quere contarlle a ninguén o que lle pasa acude as palabras e escribe esas páxinas coma se fose un diario, unha historia, e así poder desafogarse e sentirse mellor consigo mesmo.

    2. A escrita lle proporciona un sentimento de liberación, onde el se sinte o protagonista e o narrador da súa propia historia.
    Escribir fai que as súas ideas flúan, aínda que desordenadamente, e lle proporciona a capacidade de intentar escapar dos seus problemas e sacalos da mente.

    3. A queima dos seus escritos representa un acto de “vandalismo” cara aos seus sentimentos. Convértese nun intento de desfacerse do acontecido na súa vida e esquecelo para sempre.

    4. No meu caso creo que a escrita reflicte a miña de maneira de pensar. O momento no que escribo é moi importante, xa que é onde se pode diferenciar o meu comportamento e o que pasa na miña mete. É tamén moi importante saber que, cando escribo, non sempre me veñen as ideas ao mesmo tempo e necesito un tempo para ordenalas e seleccionalas.
    A escritura utilizoa moito nos medios de comunicación sociais, presentes en internet, aínda que a linguaxe que se utiliza é distinta, non está normativizada, xa que se trata dunha escritura de abreviaturas, expresións feitas, signos, etc.

    5. A escritura é un elemento fundamental que axuda á mente a entrenarse e a ordenar as súas ideas de maneira lóxica.
    Potencia a imaxinación e é unha boa maneira de escribir sobre os temas que nos preocupan, reflexionar sobre as cousas que nos ocorren e meditar sobre os acontecementos máis cercanos. Axuda a madurar emocionalmente y a madurar como persoa, á vez que sirve como desafogo e relaxación.

    Clara Garbay (1º Bachiller IES O Mosteirón)

    ResponderEliminar
  2. CARLOS LONJA SÁNCHEZ 1º BACHARELATO IES O MOSTEIRÓN.

    A escrita

    1. Por que cres que Álex escribe?
    2. Que cres que lle proporciona a escrita?
    3. Como interpretas a queima dos seus escritos?
    4. Cal é a túa relación coa escrita?
    5. Reflexiona sobre a seguinte idea: "A escrita axúdanos a medrar como persoas".

    1. Alex adícase a escribir porque non é capaz de contarlle o terrible suceso a ninguén e, tal e como lle aconsella a súa amiga Macy, o fai. Desta forma, coa confesión escrita de Alex, comeza a película.
    2. Para moita xente, a escrita é unha forma de desfogue e de botar fora os sentimentos máis profundos. Desta forma axudan a que éstes non se concentresn no interior e así conseguir a relajación do individuo. É unha forma de comunicación pasiva no que se comunica cunha persoa inexistente e así seguir mantendo o segredo gardado e facer ao mesmo tempo unha confesión a un “non” existente.
    3. A queima dos papeles é un acto de cobardía. Prefire contarlle a un papel o que ocorreu para así desfogarse e logo queimalo para que non se saiba antes que contarlle a verdade a alguén e confesar o que ocorreu.
    4. A escrita é o meu traballo, vivo dela e con ela, sempre está presente na miña vida. Desta forma a orde, a limpeza e a acción de escribir é como a orde da nosa mente, dos nosos pensamentos… Por exemplo: se creas un documento (unha escrita) ordenadamente é como se ordenases a túa mente e a túa persoa, sen remorsos.
    5. O acto de escribir é como unha reflexión interna que fai que pensemos sobre os actos. Desenvolve a imaginación e as tecnicas máis avanzadas do noso ser. Escribiendo medra a nosa mente e o psiquismo interno de cada un de nós…

    ResponderEliminar
  3. Mateo Seijo Martínez

    1.- Penso que Alex escribe para poder expresar o que sente nese momento de desconfianza e de non saber que debe e que non debe facer. Escribe aconsellado por Mazy, que foi quen lle deu a idea de escribir una carta a alguén de confianza e despois queimala.
    2.- A escrita proporcionalle o poder de limpar a súa conciencia e manterse tranquilo, sacándose o peso de enriba de terllo contado a alguén polo que está pasando.
    3.- Quéimaos simbólicamente para ver que os seus problemas convértense en fume e desaparecen no aire.
    4.- Penso que a escrita é boa para expresar o que sentimos en certos momentos ou simplemente para reflectir algo que nos apetece contar ou mostrar.
    5.- A escrita axúdanos a medrar como persoas xa que nos amosa a nos mesmos e lévanos a un maior coñecemento propio e a un saber actuar mellor

    ResponderEliminar
  4. 1.Despois do accidente Alex, necesita todo o que sento por dentro. Tras unha chamada fallida ó seo pai, non ve outra alternativa que esta.

    2.Nun principio, mostrannos multitud de escenas nas que Alex está a escribir. Non entendemos moi ben isto, ata que Macy, lle comenta a satisfacción de escribir.

    3.Alex recorre a escrita como medio de liberación.Ó non ter mais posibilidades que isto, el decide facelo, escapando así do temor e do medo de ser descuberto.

    4.Grazas a esta podemos dicir que é unha maneira de deixar constancia dos teus actos, sentimentos, emocións...

    5.A escrita é algo esencial, propia dos seres humanos, a cal axudanos a plasmar o acontecido.A existencia desta permitenos almacenar todo tipo de datos, conseguindo así unha maior capacidade mental.

    Serafin Ennes Moscoso 1 Bach

    ResponderEliminar
  5. 1.Álex escribe para desfacerse do pesadelo que está presente no seu interior dende hai tempo. Escribe porque é a sua forma de ‘’liberarse’’ e de expresarse.

    2. Álex non atopa a maneira de liberarse do que sinte, ata que a súa amiga Macy dálle a solución final.
    A escrita proporciónalle a liberdade que el precisa, proporciónalle ese alento que perdera dende o día do accidente, e que grazas a escrita,recupera.

    3. Queimar os seus escritos é a maneira que ten él de liberarse de todo dunha vez, e de esquecer o pasado.

    4. Para mín a escrita é a mellor forma de liberar os meus sentimentos , escribir é unha gran forma de expresar o que sinto e o que pens, sen que ninguén poida xulgalo.

    5. A escritura é unha maneira moi boa para axudarnos á sacar o máis intimo de nós. A escrita é algo positivo, xa que cando escribimos estamos concentrados, e todos os sentidos están en activo para poder sacar en limpo, todo o que estamos a escribir.


    Elena Pin Rodríguez.1º bach.

    ResponderEliminar
  6. 1. Por que cres que Álex escribe?

    A escrita é a única forma que ten Alex de desfogarse e expresar os seus sentimentos, tamén de esa forma é capaz de liberarse un pouco da presión ocasionada polo suceso acontecido. Quizais iso non sexa a mellor opción para liberarse do medo, xa que iso non o poderá esquecer nunca

    2. Que cres que lle proporciona a escrita?

    Desafogo é o que mellor define o que lle proporciona a alex a escrita. El non encontra outra forma de expresar os seus sentimentos é decide facelo escribindo . así consigue trasmitirnos o suceso dunha forma ordenada.

    3. Como interpretas a queima dos seus escritos?

    Alex decide queimar os seus escritos por dous motivos . Na miña opinión o rapaz tira o fogo os escritos para que ninguén poda lelos e decatarse da verdade do sucedido, tamén por outra parte queima o escrito porque así pensa que os seus problemas desaparecerán no lume .

    4. Cal é a túa relación coa escrita?

    Eu considero que a escritura pode aportar moito as persoas, a min en concreto , non é que me guste demasiado escribir , pero teño que recoñecer que é unha forma moi boa de expresar os teus sentimentos . de feito eu mesma cando estou con poucos ánimos póñome a escribir aínda que sexan cousas absurdas , porque así podes desafogarte e o que escribes no papel nunca sira do mesmo papel .

    5. Reflexiona sobre a seguinte idea: "A escrita axúdanos a medrar como persoas"

    Unha persoa que se sabe expresar ben por escrito dó moito dela . é importante saber escribir con propiedade. Xa que é imprescindible para podes alcanzar algo na vida . se non temos un coñecemento necesario para podes expresarnos correctamente, teremos que intentar solucionar o problema , xa que a escritura adecuada tanto a expresas os nosos sentimentos como a comunicarnos cos demais . hoxe en dia é moito mais fácil comunicarse coa xente que esta lonxe ,dado que melloraron moito as tecnoloxías , pero antes a única forma de comunicarse cos demais era mediante cartas, por iso a maioría das persoas necesitaban a axuda dunha persoa dun elevado estamento que eran as únicas que sabían escribir . pois agora debemos aproveitar a ocasión que nos ofrecen de poder aprender tanto ricos como proes , polo menos en España , xa que noutro lugares non é así .

    Patricia Varela Noqueira 1ºbach.

    ResponderEliminar
  7. Alejandro de Arriba Pérez
    1. Alex escribe porque non é capaz de contar a ninguén o que lle atormenta. Coa escritura Alex é capaz de contar o que o preocupa e decidir ademáis quen é o receptor, ou se o prefire (como sucede na película) quémalo despois para que ninguen o lea.
    2. A escrita ofrécelle a oportunidade de desafogarse da carga que leva encima sen que nadie que el non desexe, se entere do acontecido. Ademáis dalle a oportunidade de borrar o que considere non apropiado contar despois de escribilo, algo que na linguaxe oral non sucede.
    3. A interpreto como que parecelle una boa idea o que lle suxire a súa amiga Macy, pero non faille caso completamente e non llo mostra a nadie, o que mostra que ainda qe foi un incidente fortuito e involuntario, está arrepentido e prefire escóndelo a todo o mundo.
    4. ``A escrita axúdanos a medrar como persoas´´
    A escritura foi moi importante dende a súa aparición no 4000 a.c., este descubremento permitiu infinidade de cousas, tales como non olvidar algo, asinar acordos para que existan probas e non se realicen fraudes, permitir a comunicación entre persoas que atópanse en lugares lonxanos e non poderían comunicarse doutra manera, escribir algo e logo borralo(para sentirse mellor sen que ninguen sepa o noso problema) etc.
    A escritura actualmente está en todas partes, nos libros, nos xornais, na televisión, nos mensaxes do mobil… ademáis de informarnos de sucesos ou recibir información do emisor, podemos saber moito dela según a súa forma de escribir (ideoloxía, nivel cultural, corrección…).

    ResponderEliminar
  8. 1/
    Pode servirlle de axuda para organizar as súas accións, para manter unha conversa interior e separar o bó do malo.
    2/
    O final da película non deixa ver o que lle proporcionou a escrita; cédenos un camiño libre á imaxinación. Poderíamos pensar que Alex lle quere enviar a alguén os seus escritos e que tras aclarar e organizar a súa propia historia, retrocede.
    3/
    Unha conversa interior e as achegas de opinións da súa contorna reaccionan en Alex coma un borrador. A queima deixa atrás o sucedido e dalle paso ó olvido.
    4/
    A interpretación das letras axúdame a evadirme do que me rodea. Creando historias alexadas do realismo, xuntando palabras con ritmo que relaten sucesos insólitos. A vinculación das novas tecnoloxías coa escrita, a creación de programas informáticos que dan paso á comunicación a través dunha pantalla conforman unha nova onda revolucionaria nos adolescentes. A participación nos blogs amosando puntos de vista, lendo dogmas sociais e o transvasamento da información axuda a que maduremos como persoas.
    Unha morea de letras que estudar, palabras descoñecidas e frases complexas….¿Aprender todo iso? Se ben é certo que o saber non ocupa lugar, tamén é factible recoñecer que o aprendido debe de ser anteriormente entendido. A elaboración de resumos e esquemas axúdannos a estructurar os conceptos clave que finalmente quedarán gravados; claro está que co paso do tempo rematarán por difuminarse.
    Emocións , ideas e expectativas agloméranse en palabras….

    5/ Como ben dicía o filósofo Heraclito de Efeso: “ É cousa sabia recoñecer que as cousas son só unha cousa”
    A lingua é a fonte de transmisión de ideas. Un ben común e preciado que paradóxicamente non é valorado socialmente. Alimentar, enriquecer e pescudar a sabiduría dos nosos antergos debería ser unha tarefa comunitaria. A escrita non somentes axudan ó desenvolvemento senón que tamén fannos madurar como persoas. Esquecemos a importancia que prevalece no noso idioma e impedimos que a equipaxe cultural aumente. Gozar e disfrutar das letras, coñecer novas travesías , estimar a formación…
    Xuntar palabra por palabra, crear novas metas, avanzar e descubrir , xogar e devecer coas novas gramáticas… imaxina un novo mundo, grávao nun papel e amósao !

    Tamara Paredes Gestal. 1º Bach.

    ResponderEliminar
  9. 1.-
    Na miña opinión, Alex, o protagonista, empeza a escribir para ver se así consegue olvidar dunha vez por todas o que lle acontecera ó guardia que el empurrara e ver se así pode volver a levar unha vida normal.

    2.-
    Eu creo que o feito de escribir proporciónalle ó rapaz unha vía de desafogo para desconectar da realidade.

    3.-
    Alex queima os seus libros para ver se así desaparece ese sentimento de tristeza e culpabilidade que ó invade cada vez que recorda o asesinato do garda.

    4.-
    A miña relación coa escrita é bastante pobre, xa que eu non son coma Alex.
    Eu trato de buscar outras alternativas para desafogarme cando teño un problema ou cando algo me preocupa coma por exemplo xogar ó fútbol ou saír cos amigos.

    5.-
    Desde que apareceron por primeira vez a os escritos hai uns 3.000 ou 4.000 anos en Mesopotamia, a escrita experimentou unha grande evolución. Ó principio empregouse principalmente en usos sinxelos como anotar normas, leis, etc. Co paso do tempo, empezou a ter usos máis complexos e diversos e mesmo chegar a convertirse para algúns (os escritores por exemplo) nun estilo de vida.
    Na miña opinión, a escrita pode dicir moito dunha persoa; pola maneira de escribir de alguén, podemos deducir moitas cousas, por exemplo: se se trata dunha persoa alegre, triste, madura, inmadura, etc. Aparte disto, o feito de tentar crear unha composición escrita, axuda a desenvolver a nosa creatividade e a medrar como persoas.
    Para concluír, cabe dicir que penso que tódalas persoas deberiamos de dedicar un momento do día á escritura, para así desenvolver a nosa imaxinación e estar máis preparados para o noso futuro académico e laboral.

    Xoan Varela Cano 1º Bach

    ResponderEliminar
  10. manuelmanovel 4 eso7 oct 2012, 19:32:00

    http://5card.cogdogblog.com/show.php?id=29248

    ResponderEliminar
  11. http://5card.cogdogblog.com//show.php?id=29249

    ResponderEliminar